Envarado do castiñeiro vs. semente.

1491673_10202848876536245_6723998308790821826_n

Empeza a primavera.

Vou facer un plantación de castiñeiros a partir de dúas técnicas de plantación: O Envarado e o Sementado.

O que trato de facer e ir probando técnicas e métodos e ir vendo a evolución destes. Ver como prenden, cal é a evolución no tempo…

O envarado do castiñeiro é un técnica empregada para a reproducción destes dunha maneira sinxela, rápida e económica.

A grandes rasgos a técnica do envarado é moi doada. Cóllese unha vara de castiñeiro e se enterra . O enrraizamento do castiñeiro é bastante alto e o porcentaxe destes que perduran é alto. Agora ben, o enrraizamento tamén se pode facer nun primeiro momento metendo as varas en auga ou empregando hormonas de crecemento. Desta maneira pódense conseguir brotes de castiñeiro en pouco tempo.

Outro método sería o tradicional. É dicir, coller castañas e tiralas ou enterralas. Non fai falla enterralas para que broten. E ademais enrraizan dunha maneira bastante sinxela.

O monte onde vou facer todo isto ten quince castiñeiros, tres carballos e bastantes loureiros. As características do chan son extraordinarias para a plantación polo feito de que cada ano teño exemplares novos. Este ano descubrin tres ou catro castiñeiros e tres ou catro carballos. Os castiñeiros máis medrados teñen uns dez anos. Hai un que ten quince. Os mais adultos son todos retoños e teñen dous ou tres pes por árbore vella. Con todo isto quero dicir que se non preden será mais culpa miña que do propio terreo.

Agora o que vou facer é a técnica do envarado. Irei describindo métodos e técnicas. E o mais importante¡¡¡¡¡. A ver se prenden¡¡¡¡¡¡¡.

Acéptanse recomendacións. Espero que me digades como poido facer e que me suxirades cousas.

Un saudo.

Hello world!

Welcome to WordPress.com. This is your first post. Edit or delete it and start blogging!